ATOX, Asociación Ourensá de Axuda ao Toxicómano, é promovida dende 1987, constituíndose como entidade acta de fundación e estatutos que son aprobados en setembro de 1988. A súa creación responde á necesidade da poboación de Ourense e das proximidades de ser informada e orientada a respecto dos problemas ocasionados polo consumo de drogas e de pór en funcionamento iniciativas existentes para atender aos grupos inmersos nesta problemática. É por isto que un grupo de familias, unhas afectadas e outras nom, únense con un propósito común: axudar a todas as persoas que o necesitaren e procurar alternativas para o problema da drogodependencia, sendo estas raras ou inexistentes, na altura, na nosa comunidade.
Os fundadores pioneiros foron: José Ángel Feijoo Miro, María Dolores Pérez Casado e Xosé Ramón Vázquez García. As primeiras reunións tiveron lugar nos domicilios dos fundadores ou en lugares como cafeterias, etc.
Reuniuse diñeiro ofrecido polos socios e donativos de persoas que soportaban a asociación. Con o paso do tempo, obtivéronse subvcncións de Sanidade, Servicios Sociais e do Concello.